Á túa chegada ao aeroporto

Todos os centros Fly COVID Test están situados na zona de saídas de libre acceso. Non será necesario que leves a túa tarxeta de embarque e/ou reserva do teu voo para acceder aos centros.

Na páxina de cada aeroporto atoparás os detalles coa localización exacta de cada centro. Podes preguntar no punto de información ao pasaxeiro de AENA.

Deberás acudir ao centro Fly COVID Test coa confirmación da túa cita e pasaporte ou DNI*. Non é necesario imprimir o xustificante da túa cita, con mostrar a cita desde o teu teléfono móbil será suficiente.
Lembra que, tanto para acceder ao centro como ao aeroporto, é obrigatorio o uso de máscara.