Resultados
Obterás os resultados da túa PCR para viaxar nunhas 12 horas.
Ten en conta que o tempo dos resultados é un prazo estimado que pode sufrir variacións dependendo do volume de probas e os días non laborables.
Para as mostras que se recollen na madrugada, entre as 2:00 e las 7:00 da mañá non se garanten os resultados en 12 h.
Obterás os resultados da túa PCR rápida en 35 minutos. Ten en conta que o tempo dos resultados indicado é o prazo medio desde a extracción da mostra ata a emisión do certificado da análise.
Non obstante, este prazo estimado pode sufrir variacións especialmente se fose necesaria unha contraanálise.
De xeito moi excepcional pode darse un resultado non concluínte no diagnóstico. A mostra volverase analizar inmediatamente. Por iso, o prazo medio de 35 minutos nestes casos excepcionais pode sufrir variacións.
Os resultados do test rápido de antíxenos ou anticorpos tardan un tempo estimado de 15-20 minutos.
Recibirás os resultados no correo electrónico que indicaches no formulario de reserva de cita. Tamén poderás descargalos no portal de resultados de Fly COVID Test, indicando o teu DNI e o código da túa mostra.
Un resultado negativo de PCR ou test rápido de antíxenos indica que non se detectou a presenza do virus no teu organismo no momento da toma da mostra, polo que poderás viaxar.
Un resultado positivo de PCR ou test rápido de antíxenos indica que se detectou a presenza do virus no teu organismo no momento da toma da mostra e, polo tanto, non poderás viaxar.
Se o resultado da túa proba é positivo debes abandonar o aeroporto.
En cumprimento do artigo 5 do Real Decreto Lei 26/2020, se o resultado da PDIA é positivo, o cliente non pode continuar a súa viaxe e debe abandonar o aeroporto.
Estes resultados comunicaranse tamén ás autoridades sanitarias que te contactarán para seguimento.
De forma moi excepcional poderás recibir un resultado non concluínte na túa PCR para viaxar.
Neste caso volverase analizar a túa mostra e recibirás un novo informe de resultados determinante ao día seguinte.
O test rápido de anticorpos analiza a presenza de inmunoglobulinas IgM e lgG en sangue.
Non é un test diagnóstico. A presenza de anticorpos contra SARS-CoV-2 indica se a persoa está a ter ou tivo unha resposta inmune contra o virus.
Os datos persoais que inclúas na reserva da túa cita serán os que aparezan nos resultados das túas probas.
Se detectas algún erro nos datos persoais e necesitas realizar algunha modificación, chama ao noso servizo de atención ao cliente +34 91 825 76 57